Please use this identifier to cite or link to this item: http://hdl.handle.net/2445/146441
Title: Sextualidades: teorías literarias feministas. Beatriz Suárez Briones. Madrid, Ayuntamiento de Alcalá de Henares/Centro Asesor de la Mujer, 2003
Author: González Fernández, Helena, 1967-
Keywords: Ressenya de llibres
Crítica literària feminista
Book reviewing
Feminist literary criticism
Issue Date: 2004
Publisher: GRC Creació i Pensament de les dones del Centre Dona i Literatura (UB), GRC Cos i Textualitat (UAB)
Abstract: Teño para min que a devoración é un dos perigos que espreitan na actualidade ás teorías feministas. Devorar sen valorar e debater de vagariño as rodeiras que se foron abrindo desde os anos 70. Devorar e superar todo aquilo que remita a etapas de infinitas e evidentes carencias no que atinxe á situación das mulleres na sociedade, no imaxinario, na gramática... para acadar a lume de carozo estadios de normalidade aparente, é dicir, arrumbando os estudos feministas como espacios de discusión epitelial ou de pensamento feble, e deixándose levar pola sensación de que os retos marcados nestas tres últimas décadas son xa proba superada. Devorar e pasar a outra cousa deixándose guiar por un desexo de innovación e diferenciación nas posturas teóricas que podería levar ao pensamento feminista a esquecer, ou cando menos, a desprazar a un segundo plano, o que ten de postura política real e comprometida (e non só como declaración avant la lettre). Con isto non pretendo facer aquí unha declaración saudosa do estilo "calquera tempo pasado foi mellor", senón todo o contrario, porque os feminismos son discursos e posicións dinámicas, polo tanto o tempo presente é moito máis intenso e interesante. Agora ben, as novas propostas só poden avanzar se manteñen a compoñente de compromiso e debate, e desde logo os máis afoutos, os que realmente están aportando elementos novos ao debate, así o fan.
Note: Reproducció del document publicat a: http://revistes.ub.edu/index.php/lectora/article/view/7098/8961
It is part of: Lectora, 2004, num. 10, p. 439-441
URI: http://hdl.handle.net/2445/146441
ISSN: 1136-5781
Appears in Collections:Articles publicats en revistes (Llengües i Literatures Modernes i Estudis Anglesos)

Files in This Item:
File Description SizeFormat 
525672.pdf8.32 kBAdobe PDFView/Open


This item is licensed under a Creative Commons License Creative Commons