Please use this identifier to cite or link to this item: http://hdl.handle.net/2445/33446
Title: Rosalía de Castro, sombra que se fai teoría
Author: González Fernández, Helena, 1967-
Keywords: Feminisme
Dones en la literatura
Personatges literaris
Feminism
Women in literature
Characters in literature
Castro, Rosalía de, 1837-1885
Issue Date: 2011
Publisher: Centro de Estudos Galegos Tübingen
Abstract: A figura auroral de Rosalía de Castro autorizou a aparición de novas poetas a finais do século XX mais, paradoxalmente, a partir da publicación dos seus libros fundacionais non xurdiu unha lexión de autoras que desde Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880) escribisen incesantemente a nación, ou simplemente, escribisen incesantemente en galego e tivesen por iso un recoñecemento canónico. Sen dúbida a intervención do patriarcado galeguista provocou esa interrupción, que se entende mellor cando se teñen en conta os condicionantes socioliterarios que coutaban as mulleres escritoras (González Fernández, 2005: 15-19). Porque a finais do século XIX, e malia excepcións rechamantes, o pensamento hexemónico consideraba que as literatas eran unhas sabias ridículas, tal como se sancionara desde o coñecido capítulo V do Émile, ou l’Education (1762) de Jean Jacques Rousseau en diante, aínda que houbese, por suposto, voces disidentes entre os seus contemporáneos, como Benito Jerónimo Feijoo no seu moi lido discurso XVI, Defensa de las mujeres, do seu Teatro crítico universal (1726). Nese sentido depreciativo do termo debe lerse o coñecido artigo de Rosalía de Castro, Las literatas. Carta a Eduarda (1865). Por outra banda, no emerxente discurso nacionalista que vai do XIX ao primeiro terzo do XX opérase unha corrección misóxina que afecta á concepción sexuada da nación. Se Murguía seguira a Renan na súa defensa do carácter esencialmente feminino dos pobos celtas, unha idea moi espallada naquela...
Note: Reproducció del capítol publicat a: http://www.uni-tuebingen.de/kabatek/galego/rosaliatexto.pdf
It is part of: Kabatek, Johannes ; Rivas, Aitor (coords.) (2011). Rosalía. Voces galegas e alemás. Tübingen: Centro de Estudios Galegos, Universität Tübingen. ISBN 978-3-00-033374-3. (p. 69-88)
URI: http://hdl.handle.net/2445/33446
Appears in Collections:Llibres / Capítols de llibre (Grup de Recerca Creació i pensament de les dones)
Llibres / Capítols de llibre (Filologia Clàssica, Romànica i Semítica)

Files in This Item:
File Description SizeFormat 
Rosalía de Castro, sombra que se fai teoría.pdf152.39 kBAdobe PDFView/Open


This item is licensed under a Creative Commons License Creative Commons