Please use this identifier to cite or link to this item: https://hdl.handle.net/2445/218265
Title: Viaxe pola Bretaña de Cunqueiro
Author: Lama López, María Xesús
Keywords: Galícia
Bretanya (França)
Viatges literaris
Literary journeys
Brittany (France)
Galicia
Issue Date: 2020
Publisher: Consello da Cultura Galega
Abstract: Álvaro Cunqueiro é un autor central en moitos aspectos dentro do campo lite- rario galego, e desde logo tamén o é cando se fala das relacións da cultura galega coa Bretaña continental. Mais este é un campo que non percorre en solitario, desde que Ramón Cabanillas iniciara a apropiación da materia da Bretaña co seu longo poema épico Na noite estrelecida (1926). A intención do poeta das Irmandades, dirixida a dotar a literatura galega dunha tradición narrativa culta da que carecía, estaba en conexión coa xa longa elaboración do mito da orixe celta, que asentaba os alicerces no século xix para reclamar a irmandade con outras culturas atlánticas e introducía por primeira vez os materiais artúricos medievais como un corpus de tradición culta derivado das fontes celtas orais 1 . Esta é a idea que retomará Cunqueiro nas súas primeiras novelas galegas, fusio- nando outros precedentes da xeración que o antecede, como o Castelao de As cruces de pedra na Bretaña (1930), que probablemente lle serve de guía incon- fesada para as alusións a algúns cruceiros e outros elementos de microtoponi- mia que aparecen diseminados na súa obra. A liña cronolóxica desta fecunda relación intercultural continuará con outros autores posteriores, entre os cales non se pode deixar de mencionar a Méndez Ferrín coa densa e complexa novela Bretaña, Esmeraldina (1987), que establece pola súa vez un interesante diálogo coa obra de Cunqueiro, así como con algúns dos seus relatos máis temperáns, tales que «Percival» (1958) e «Amor de Artur» (1981). Un camiño cheo de retos para as moitas primaveras que sen dúbida esperan aínda aos estudos das relacións entre Galicia e a Bretaña.
Note: Reproducció del document publicat a: https://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4385
It is part of: Capítol del llibre: Villares, Ramón, Botrel, Jean-François, Rivalan Guégo, Christine (eds.), Galicia-Bretaña. Olladas comparadas, Consello da Cultura Galega, 2020, [ISBN 9788417802202], p. 285-309
URI: https://hdl.handle.net/2445/218265
Appears in Collections:Llibres / Capítols de llibre (Llengües i Literatures Modernes i Estudis Anglesos)

Files in This Item:
File Description SizeFormat 
2020_Galicia-Bretana-Olladas-Comparadas_p283.pdf867.74 kBAdobe PDFView/Open


Items in DSpace are protected by copyright, with all rights reserved, unless otherwise indicated.