Document type

Book part

Version

Published version

Publication date

Publication license

cc-by-nc-nd (c) González Fernández, 2011
Please use this identifier to cite or link to this item: https://hdl.handle.net/2445/33446

Rosalía de Castro, sombra que se fai teoría

Journal Title

Director/Tutor

Additional contribution

Journal ISSN

Volume Title

Abstract

A figura auroral de Rosalía de Castro autorizou a aparición de novas poetas a finais do século XX mais, paradoxalmente, a partir da publicación dos seus libros fundacionais non xurdiu unha lexión de autoras que desde Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880) escribisen incesantemente a nación, ou simplemente, escribisen incesantemente en galego e tivesen por iso un recoñecemento canónico. Sen dúbida a intervención do patriarcado galeguista provocou esa interrupción, que se entende mellor cando se teñen en conta os condicionantes socioliterarios que coutaban as mulleres escritoras (González Fernández, 2005: 15-19). Porque a finais do século XIX, e malia excepcións rechamantes, o pensamento hexemónico consideraba que as literatas eran unhas sabias ridículas, tal como se sancionara desde o coñecido capítulo V do Émile, ou l’Education (1762) de Jean Jacques Rousseau en diante, aínda que houbese, por suposto, voces disidentes entre os seus contemporáneos, como Benito Jerónimo Feijoo no seu moi lido discurso XVI, Defensa de las mujeres, do seu Teatro crítico universal (1726). Nese sentido depreciativo do termo debe lerse o coñecido artigo de Rosalía de Castro, Las literatas. Carta a Eduarda (1865). Por outra banda, no emerxente discurso nacionalista que vai do XIX ao primeiro terzo do XX opérase unha corrección misóxina que afecta á concepción sexuada da nación. Se Murguía seguira a Renan na súa defensa do carácter esencialmente feminino dos pobos celtas, unha idea moi espallada naquela...

Related resource

Citation

Citation

GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Helena. Rosalía de Castro, sombra que se fai teoría. Kabatek. Johannes ; Rivas. Vol. ) (2011), num. ISBN 978-3-00-033374-3. [consulted: 12 of October of 2026]. Available at: https://hdl.handle.net/2445/33446

Export metadata

JSON - METS

Share record