Carregant...
Fitxers
Tipus de document
ArticleVersió
Versió publicadaData de publicació
Llicència de publicació
Si us plau utilitzeu sempre aquest identificador per citar o enllaçar aquest document: https://hdl.handle.net/2445/144420
Beatriz Suárez Briones, Mª Belén Martín Lucas, Mª Jesús Fariña Busto (eds.): Escribir en femenino. Poéticas y políticas. Barcelona: Icaria, 2001.
Títol de la revista
Director/Tutor
ISSN de la revista
Títol del volum
Recurs relacionat
Resum
Non sei se é habitual recomendar a lectura dun libro de teoría e crítica literarias de carácter compilatorio polo seu paratexto, e non pola súa temática, a perspectiva teórica, a proposta metodolóxica ou a importancia das autoras que nel colaboran. Se cadra, sería algo semellante a animar a unha cata da mazá tabardilla na que só se permite unha mordedela á tona. Sen embargo, vouno facer. Efectivamente, abonda o limiar para recomendar a lectura de Escribir en femenino, e isto non vai en detrimento do interese dos traballos que nel se recompilan. A introducción afástase dos exordios autoexculpatorios ou de gabanza ás colaboradoras, pero tamén da captatio benevolentiae ou da domesticación do proceso lector. Pola contra, a mediación que se propón serve para desbrozar a lectura dos quince artigos que se reúnen a xeito de "guía para navegantes do pensamento feminista". E conséguese, porque a introducción medra páxina a páxina ata converterse nun útil Capítulo Cero que non só achanza a lectura senón que funciona como un breve e ameno estado da cuestión no tocante ós conceptos máis debatidos polos estudios feministas ó longo da segunda metade do século XX. Non en van está asinada por tres investigadoras, as tres da Universidade de Vigo, que contan cunha importante traxectoria como creadoras de foros para o debate teórico das teorías feministas e como coñecedoras do tema. Beatriz Suárez Briones encarreirou os seus estudios sobre o xénero no ámbito da teoría literaria; Mª Belén Martín Lucas nos estudios poscoloniais; e Mª Jesús Fariña Busto faino na literatura hispanoamericana.
Matèries
Matèries (anglès)
Citació
Citació
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Helena. Beatriz Suárez Briones, Mª Belén Martín Lucas, Mª Jesús Fariña Busto (eds.): Escribir en femenino. Poéticas y políticas. Barcelona: Icaria, 2001.. _Lectora_. 2002. Vol. 7, núm. 233-234. [consulta: 21 de gener de 2026]. ISSN: 1136-5781. [Disponible a: https://hdl.handle.net/2445/144420]