Amb motiu del tancament d'estiu, la validació de documents es reprendrà a partir del 28 d'agost de 2026. Disculpeu les molèsties.
Con motivo del cierre de verano, la validación de documentos se reanudará a partir del 28 de agosto de 2026. Disculpad las molestias
Due to the summer closure, document validation will resume starting August 28, 2026. We apologize for any inconvenience.

Tipus de document

Part del llibre

Versió

Versió publicada

Data de publicació

Tots els drets reservats

Si us plau utilitzeu sempre aquest identificador per citar o enllaçar aquest document: https://hdl.handle.net/2445/218265

Viaxe pola Bretaña de Cunqueiro

Títol de la revista

Director/Tutor

ISSN de la revista

Títol del volum

Recurs relacionat

Resum

Álvaro Cunqueiro é un autor central en moitos aspectos dentro do campo lite- rario galego, e desde logo tamén o é cando se fala das relacións da cultura galega coa Bretaña continental. Mais este é un campo que non percorre en solitario, desde que Ramón Cabanillas iniciara a apropiación da materia da Bretaña co seu longo poema épico Na noite estrelecida (1926). A intención do poeta das Irmandades, dirixida a dotar a literatura galega dunha tradición narrativa culta da que carecía, estaba en conexión coa xa longa elaboración do mito da orixe celta, que asentaba os alicerces no século xix para reclamar a irmandade con outras culturas atlánticas e introducía por primeira vez os materiais artúricos medievais como un corpus de tradición culta derivado das fontes celtas orais 1 . Esta é a idea que retomará Cunqueiro nas súas primeiras novelas galegas, fusio- nando outros precedentes da xeración que o antecede, como o Castelao de As cruces de pedra na Bretaña (1930), que probablemente lle serve de guía incon- fesada para as alusións a algúns cruceiros e outros elementos de microtoponi- mia que aparecen diseminados na súa obra. A liña cronolóxica desta fecunda relación intercultural continuará con outros autores posteriores, entre os cales non se pode deixar de mencionar a Méndez Ferrín coa densa e complexa novela Bretaña, Esmeraldina (1987), que establece pola súa vez un interesante diálogo coa obra de Cunqueiro, así como con algúns dos seus relatos máis temperáns, tales que «Percival» (1958) e «Amor de Artur» (1981). Un camiño cheo de retos para as moitas primaveras que sen dúbida esperan aínda aos estudos das relacións entre Galicia e a Bretaña.

Citació

Citació

LAMA LÓPEZ, María Xesús. Viaxe pola Bretaña de Cunqueiro. Capítol del llibre: Villares. Ramón. Vol.  Botrel, num. Jean-François, pags. Rivalan Guégo. [consulted: 11 of August of 2026]. Available at: https://hdl.handle.net/2445/218265

Exportar metadades

JSON - METS

Compartir registre